Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Terminoloxía » Un idioma preciso
Seccións
O SNL
Áreas de traballo
Un idioma preciso
Precisión actual
Precisións anteriores
Foro de debate
Ligazóns

Un idioma preciso

Presentación

preciso -a. adx.
1. Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. Pero figurar nestes ámbitos tamén é "preciso" para o proceso de normalización do galego, para que os seus falantes poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua.

Desde esta sección intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisión", ofrecendo para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. Isto plásmase en pequenos estudos nos que se analizan un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles.

A partir de aquí, o foro de discusión está aberto para recoller as vosas opinións e as discusións que a partir delas se xeren. Serán estes debates os que melloren a calidade do resultado final.

 

A precisión actual

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Unha das operacións de carpintaría que se poden realizar sobre unha peza de madeira consiste en reducir o seu grosor empregando unha máquina dotada dun eixe rotatorio no que se montan unhas coitelas que van eliminando o estrato superior desa peza a medida que esta vai entrando en contacto con elas. Tendo en conta a descrición que acabamos de facer sorprende que o nome en galego non veñamos referindo a ela como regrosar e como regrosadora á máquina que permite realizala.

(máis)

 

Índice de precisións

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00